Modelo 11

Armarios Coruña - Modelo 11

Modelo de armario encaixado con portas correderas en cristal e madeira no que se nos mostra o efecto de contraste que produce esta combinación de materiais.

Marco en aluminio extruido que lle dá un toque de elegancia e robustez ao armario encaixado. O marco de aluminio pode ser en cor branca, dourado ou prata satinado.

División interior minimalista en melamina de cor branca con divisións laterais en perfil de aluminio, que nos permiten unha mellor accesibilidade e orde nas nosas pezas.