Modelo 5

Elegante armario encaixado para ocos de grandes dimensións, nas que lucirán unhas portas anchas, de ata 1500mm, que nos dá a posibilidade de ter aberturas máis grandes no noso armario e reducir o número de portas nel.

O deseño da foto está realizado en Wengué, no entanto, pódese facer o calquera outro material a escoller: Nogueira, Arce, Carballo....

O revestimento interior está feito no mesmo material que as portas, para darlle homoxeneidade ás liñas do noso armario e un toque de elegancia.