Mobles de Baño Modernos

O moble de baño imponse cada vez mais pola súa gran utilidade e comodidade á hora de gardar todos os utensilios do baño e Carpintaría Pallas Deus, esfórzase en fabricar toda a variedade e deseños tanto en mobles estádar como a medida e personalizados, cos herrajes máis actuais do mercado, para dar a mellor oferta de Mobles de Baño na provincia da Coruña.

Realizamos a fabricación e colocación de mobles de baño a medida, en A Coruña. Mobles de baño segundo o gusto e deseño do cliente, ofrecendo todas as opcións de materiais en madeira e acabados máis modernos do mercado.

Fabricación a medida de lavabos solid Surface, lavabos resina, espellos, iluminación e accesorios para mobles de baño. Ofrecemos a posibilidade da fabricación de encimeras para baño en LG HIMACS, que é un produto sintético sen xuntas visibles, así como lavabos en LG HIMACS.

Combinamos deseño e funcionalidade nos mobles de baño e desenvolvemos o produto idóneo adaptado ás necesidades de cada cliente en canto a cores, formatos, texturas e espazos. Na realización de mobles de baño a medida, dispós da opción de crear o teu propio deseño, coas cores que desexes, para unha perfecta combinación coa decoración do teu baño. Proporcionamos solucións personalizadas cunha alta carga de prestacións e calidade, con materiais de gran resistencia á humidade.

A través de nosa páxina web, poderás ver algúns traballos en mobles de baño, de fabricación de lavabos e accesorios para mobles de baño.

Visite as nosas instalacións na Coruña e proporcionarémoslle asesoramento personalizado para o deseño do seu moble de baño.

Galería

Montaxe de Mobles de Baño.